O equipo do ‘Galicia bonita’ reforma no Rosal un vello retrete, en desuso desde hai máis de corenta anos

0
12

A hospitalidade da propietaria da vivenda provocará unha relaxación extra nos operarios

O equipo do 'Galicia bonita' reforma no Rosal un vello retrete, en desuso desde hai máis de corenta anos

Santiago, 8.5.2022.-  Esta semana o equipo de ‘Galicia bonita’ (23:15 h) desprazarase ao Rosal para facer fronte a un vello retrete sen uso desde hai máis de 40 anos. A conformidade e a hospitalidade de Doralia, a propietaria da vivenda, provocará unha relaxación extra nos operarios que se verá reflexado no seu rendemento.

Cun orzamento limitado, Rosa Facal e a súa cuadrilla, formada entre outros polo albanel Javier, a deseñadora Laira e os carpinteiros Carlos e Álex, fan fronte en cada entrega ao ‘feísmo’ e á arquitectura abandonada, que predomina en pendellos, palleiras e leiras de toda Galicia, e restauran as descoidadas edificacións no prazo máximo de cinco días de traballo.

Fuente Crtvg.es