O espazo ‘Cos Pés na Terra’ coñecerá hoxe o día a día dunha tecedeira e dunha gandeira de novo cuño

0
9

Ademais, achegarase a un negocio dos que xa case non quedan: a venda de plantón a raíz espida (22.35 h)

O espazo 'Cos Pés na Terra' coñecerá hoxe o día a día dunha tecedeira e dunha gandeira de novo cuño

Santiago, 01.06.2020.-    O programa ‘Cos Pés Na Terra’ vai tirar hoxe do fío, o fío do día a día de Sandra, unha tecedeira que traballa con tecidos naturais e coa que o espazo da TVG dará boa conta e en boa compaña do proceso do liño.

Os espectadores coñecerán tamén a José Manuel, un apaixonado da bicicleta que deu moitas voltas antes de dedicarse a un negocio dos que xa case non quedan: a venda de plantón a raíz espida. E tamén verán como lle vai a Laura, gandeira de novo cuño que anda sempre ben acompañada de todo tipo de animais.

Fuente Crtvg.es