O especial ‘Luar’, a favor da Semana coa Infancia de Unicef, conta coa música de Bertín Osborne, Festicultores e El Combo Dominicano

0
15

Santiago, 20.11.2020.- ‘Luar’ (22.05 h) súmase á Semana coa Infancia de Unicef cunha edición especial, que buscará sensibilizar sobre a importancia da vacinación de todos os nenos e nenas do mundo, tema central da campaña deste ano, que leva por lema #Pequeñas Soluciones. Desde o espazo, Xosé Ramón Gayoso, Patricia F. Santana e Rocío Rodríguez darán paso a contidos específicos sobre esta campaña e realizarán chamamentos á solidariedade da audiencia. Os espectadores/as poden colaborar con Unicef chamando ao 900 907 530, na páxina pequeñassoluciones.es, e tamén enviando SMS solidarias coa palabra AXUDA ao 28028, co custo cada mensaxe de 1,2 €.

No canto das actuacións artísticas, destaca Bertín Osborne, quen, entre outras, cantará con Mariachi Sol de América ‘Yo debí enamorarme de tu madre’, canción que dá nome o seu último disco de rancheiras.

Tamén El Combo Dominicano traerá toda a espectacularidade e a diversión nas súas intervencións, ao igual que o grupo galego Festicultores, todo un acerto en calquera festa que se prece. A asociación folclórica Fogo Fatuo de Rianxo, Cantares do Brión e o lucense Xabier Vizcaíno, quen presentará no programa o seu novo traballo ‘Neno de monte’, completan as propostas musicais deste venres.

A maiores, gozarase co humor de Os Tristes, dúo formado por Federico Pérez e Marcos Pereiro, e cos monólogos que propoñen Cuqui e Alberte Montes. Por outra parte, no ‘Recantos’ competirán esta noite Jonathan Dasilva, de Mariña, e Carlota Allo, en representación da Costa da Morte.

Fuente Crtvg.es