O festival As Nosas Músicas premia o espazo de Radio Galega Música ‘Lume na palleira’

0
15

Emilio Españadero, director e presentador do programa, recolle o premio en Couso (A Estrada) este domingo  

‘Lume na palleira’ cumpre 26 anos de emisión na Radio Galega e tres décadas de historia

O festival As Nosas Músicas premia o espazo de Radio Galega Música 'Lume na palleira'

Santiago, 12.08.2022.-  O director e presentador do programa ‘Lume na palleira’ da Radio Galega Música, Emilio Españadero, recolle este domingo o Premio As Nosas Músicas, concedido polo festival do mesmo nome que se celebra na Estrada esta fin de semana. O premio recoñece o traballo realizado en defensa e difusión da música folk de Galicia por este espazo da emisora pública, que este ano cumpre 26 de emisión na Radio Galega e tres décadas de historia.

‘Lume na palleira’, que se emite os domingos ás 17.00 h en Radio Galega Música, é un programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. A dinámica do programa inclúe música en directo, entrevistas, presentacións de discos, información de concertos e festivais e, sempre que é posible, o contacto directo cos oíntes a través do teléfono e de Internet.

O festival As Nosas Músicas naceu en 1996 co obxectivo de homenaxear a música tradicional galega e de ofrecer unha alternativa aos eventos animados por orquestras.

Fuente Crtvg.es