O ‘Galicia bonita’ acode a solucionar uns arranxos nada estéticos nunha vivenda en Curtis

0
15

A propietaria da casa está escaldada dunha obra anterior na fachada, que decidiron forrar cunha chapa

O 'Galicia bonita' acode a solucionar uns arranxos nada estéticos nunha vivenda en Curtis

Santiago, 27.3.2022.-   No capítulo desta semana, o equipo de ‘Galicia bonita’ (23.10 h), coa súa líder Rosa Facal á fronte, chegará ata Curtis. Alí, deberán tratar con Mercedes, unha muller escaldada dunha obra anterior e cunha vivenda forrada por unha cuestionable chapa. A minuciosa propietaria revisará ao detalle cada unha das tarefas feitas polos restauradores chegando a comprometer o desenvolvemento dunha obra aparentemente sinxela.

Cun orzamento limitado, Rosa Facal e o seu equipo, formado entre outros polo albanel Javier, a deseñadora Laira e os carpinteiros Carlos e Álex, fan fronte en cada entrega ao ‘feísmo’ e á arquitectura abandonada, que predomina en pendellos, palleiras e leiras de toda Galicia, e restauran as descoidadas edificacións no prazo máximo de cinco días de traballo.

Fuente Crtvg.es