O ‘Galicia en Goles’ da Radio Galega comeza as retransmisións deportivas da semana

0
8

Os protagonistas do martes serán a xunta de accionistas do Deportivo e o partido de Copa Burela-Parrulo, na web da RG

A semana vén ateigada de acontecementos deportivos na Radio Galega

O 'Galicia en Goles' da Radio Galega comeza as retransmisións deportivas da semana

Santiago, 13.01.2020. O martes, a partir das 18:55 h, Paco Santos conduce a través da web da Radio Galega a retransmisión da xunta en que os accionistas do Deportivo elixirán ao novo consello de administración. Ademais, o pavillón de Vista Alegre acolle o derbi da Copa do Rei de fútbol sala entre o Burela e o Parrulo Ferrol. Os dous eventos tamén terán presenza na emisión de FM, ás 20:30 horas, na ‘Crónica dos Deportes’ e ás 23:00 h, no ‘Contraataque’.

O mércores, desde as 19:45 h pola FM, TDT e web, a atención estará posta no Raio Vallecano-Lugo, de Segunda División A. Ademais, xóganse o Racing-San Sebastián de los Reyes, de Segunda B, e o Somozas-Arenteiro, de Terceira. 

A xornada de Segunda continúa o xoves, co Deportivo-Rácing de Santander. O ‘Galicia en Goles’ principia ás 18:45 h e prolongarase ata as 22:00 horas

Fuente Crtvg.es