O grande artista venezolano Carlos Baute, convidado no ‘Bamboleo’ desta semana

0
25

Santiago, 22.07.2023.-     ‘Bamboleo’ (22:05 h), o espazo de entretemento que presentan Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro, chega esta noite á Televisión de Galicia cun grande artista venezolano como convidado: Carlos Baute. O cantante interpretará grandes éxitos e o seu novo sinxelo: ‘Esta canción’.

Ademais, estarán facendo festa toda a noite A Banda da Balbina e a orquestra Acordes. ‘Aghora de vello, ghaiteiro’ é o título do novo tema da Banda de Balbina, unha canción con sabor a verbena galega que hoxe interpretarán sobre o escenario do ‘Bamboleo’. Por outra parte, a orquestra Acordes achegará unha selección musical moi moderna e bailable.

O programa desta noite contará coas exhibicións de baile dunha parella galega: Dani e Alba, especialistas en baile deportivo, que bailarán un quickstep e un tango. Da sección humorística encargarase Isi cos seus divertidos contos.

En ‘A Jrileira’ competirán as comisións de festas de Placente, en Narón; Soutelo de Montes, en Forcarei; San Martiño de Meis e a Asociación de Veciños de Armental de Carnoedo, en Sada.

Na ‘ITV do Amor’, un concursante do público terá que adiviñar cal é a parella dunha persoa en función das respostas dos participantes. Todo isto, coa enxeñosa participación dos ‘asesores do amor’: Isi, Damián Cortés, Claudio Pan e Javier Varela.

Fuente Crtvg.es