O ‘Grandes cachadas’ desta noite vai na procura da mellor versión entre un repertorio moi variado de grandes éxitos

0
28

Santiago, 22.08.2021.-  Esther Estévez presentará esta noite un ‘Grandes cachadas. A túa mellor versión’ (23.40 h), en que se comprobará, con cancións moi coñecidas, cal das versións é a que gusta máis. Para iso, no especial escoitarase un repertorio moi variado, en que terán cabida grandes éxitos da música tradicional cantados por profesionais inesperados ou cancións emblemáticas da música galega, que non hai quen se resista a cantar, como ‘O tren’ de Andrés Dobarro, ‘Miña terra galega’ de Siniestro Total, ‘Galicia caníbal’ dos Resentidos, ‘Teño saudade’ de Andrés do Barro, ‘Pídechas o corpo’ ou a ‘Negra sombra’.

Tamén haberá éxitos máis alá das nosas fronteiras que, por moitos anos que pasen, seguen soando actuais, como ‘A quien le importa’ de Alaska e Dinarama, ‘Eloise’ de Tino casal, ‘María la portuguesa’ de Carlos Cano, ou ‘Sobreviviré’, o tema que canta Mónica Naranjo.

Haberá versións sorprendentes e descubriranse artistas cantando temas que non son seus ou que nada teñen que ver co seu estilo musical. E verase tamén algún, como Raphael, de quen se teñen feito múltiples versións do seu repertorio, converténdoo nun dos cantantes máis imitados.

Unha boa interpretación axuda moito no escenario. Así que moitos actores e actrices animáronse a facer versións en distintos programas. No programa ‘Grandes cachadas’ comprobarase que, se ademais teñen boa voz, o resultado pode ser… abraiante. Algúns clásicos como Julio Iglesias ou Pimpinela tamén forman parte da escolma do programa, porque neste ‘Grandes cachadas’ irase na procura da mellor versión.

Fuente Crtvg.es