O grupo Bombai e a orquestra Solara encherán este sábado de ritmo o escenario de ‘Bamboleo’

0
16

Santiago, 28.05.2022.-     ‘Bamboleo’ (22:40 h), o musical que Xosé Manuel Piñeiro presenta os sábados pola noite na Televisión de Galicia, recibe esta noite a visita de tres valencianos: eles son Javi, Vicente e Ramón, forman Bombai e esta noite interpretarán algúns dos éxitos que tantas alegrías deron.

Bombai estará presentando ‘Camisa de flores’, o seu álbum debut, en que se recollen temas como ‘Solo si es contigo’, en que colabora Bebe, ou ‘Hawaii’, que foi feito con David Otero. Ademais, os tres mozos protagonizarán divertidos momentos, como os xogos con Claudio Pan e Tamara Pérez.

Gustavo Almeida e Nastasia Zürcher estarán cantando a dúo unha colaboración titulada ‘Conexión’ que se recolle no libro-disco do artista brasileiro titulado ‘Vértice’.  Á cita do sábado non faltará Isi, que encherá o plató de risas coas súas vivencias.

A orquestra Solara fará vibrar o público no estudio e a audiencia na casa cos ritmos da verbena galega, mentres que os protagonistas do baile profesional serán Ígor e Rocío, unha parella de especialistas en bachata que chegan desde Sevilla.

No ‘Agora ou Nunca’, os participantes serán Cris Lois, que cantará ‘Don’t shut me down’, de ABBA, e Ender Contreras, que interpretará ‘De los besos que te di’, de Christian Nodal. A Sociedade Deportiva Coristanco e a Sociedade Deportiva Cultural Maniños de Fene competirán en ‘A Jrileira’ cantando e intentando acertar o maior número posible de intérpretes en minuto e medio de tempo.

Finalmente, na ‘ITV do Amor’, un participante do público deberá estar moi atento para adiviñar quen é o mozo de Goretti e gañar o premio que hai en xogo.

Fuente Crtvg.es