O grupo Camela, a cantante Sabela e a Coral de Ruada, convidados no ‘Luar’ deste venres

0
27

Santiago, 17.11.2023.- O programa ‘Luar’ ofrecerá este venres, como é habitual, unha completa e variada selección musical, en que destaca o grupo Camela, que continúa na brecha despois de case 30 de estrada e dos primeiros postos nas listas de vendas e popularidade de España. Impulsores da tecno-rumba nos 90, a parella composta por Dionisio Martín e María de los Ángeles Muñoz interpretarán temas do seu último disco, titulado ‘Que la música te acompañe’. 

Tamén está convidada ao ‘Luar’ desta semana Sabela, unha das cantantes máis representativas da música lixeira galega. Cunha longa traxectoria de máis de 30 anos subida aos escenarios, segue contando co apoio dun público que se entrega en cada unha das súas actuacións.

 Outra das propostas musicais de hoxe será a de Hydn, nome artístico de Sandra Guedev. Os seus temas, interpretados en galenglish, unha mestura de galego e inglés, unen pop, electrónica e RnB, e queren trasladarlle ao oínte a un mundo de fantasía e escuridade nunha viaxe experimental. 

 Ademais, pasarán polo escenario do programa da TVG a Coral de Ruada, histórica agrupación musical galega con sede en Ourense; a orquestra Estrella de Mar e a Asociación Sons do Miño.

No tempo de ‘Recantos’, será nesta ocasión a quenda de Mery da Silva, procedente do Bierzo, e Xela Burgué, representante da Montaña de Lugo, que actuarán en solitario e a dúo.

Fuente Crtvg.es