O grupo canario Efecto Pasillo presenta esta noite o seu novo disco en ‘Bamboleo’

0
45

Santiago, 29.04.2023.-     O grupo Efecto Pasillo, artífice éxitos como ‘Pan y mantequilla’ e ‘No importa que llueva’, é a estrela do ‘Bamboleo’ deste sábado. Os canarios regresan ás súas orixes no seu novo disco, ‘Los reyes del mambo’. A banda participará en xogos do programa, como o ‘Sobes ou baixas’, que hoxe ten veciños do Grove como protagonistas.

Esta noite, o espazo da Televisión de Galicia contará ademais coa visita dun artista de Vimianzo, DJ Rokiño, e dun dos cantantes máis punteiros da verbena galega, Diego Moreira, que estará presentando o tema ‘Coa que traio’.
 
A verbena galega vai estar presente no escenario do ‘Bamboleo’ coas actuacións da orquestra Finisterre. No tempo dedicado ao baile profesional, Luciano e Verónica, dous bailaríns de Pontevedra, deleitarán cunha demostración de zouk, unha derivación da lambada.

A Jrileira’ contará coa participación da Comisión de Festas de Santa María da Guía de Randufe, en Tui; a comisión de Oza, en Teo; a comisión de Santa Mariña de Pesqueiras, en Salvaterra de Miño, e a comisión cultural Santa María do Campo e San Roque, en Ribadeo. Das semifinais sairán dúas comisións gañadoras que se medirán, en primeiro lugar, ao karaoke co tema ‘Bandido’, de Azúcar Moreno, para despois adiviñar o maior número de intérpretes en minuto e medio de tempo.

Claudio Pan e Isi regresarán coas súas achegas semanais e, xa na parte final do programa, chegará a sección máis picante do ‘Bamboleo’, ‘A ITV do Amor’, cunha parella de namorados que intentarán despistar un participante de público. E unha gran novidade: a reincorporación ao programa de Lucía Regueiro.

Fuente Crtvg.es