O humorista Juan Muñoz e a cantante Nuria Fergó pintarán esta noite a mona no ‘Land Rober Tunai Show’

0
13

Tamén estará no programa (22.20 h) o rei emérito e o público vivirá unha nova problemática entre pais e fillos coa participación do presentador e reporteiro Juan Fuentes

O humorista Juan Muñoz e a cantante Nuria Fergó pintarán esta noite a mona no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 14.11.2019.-    O humorista Juan Muñoz, recoñecido por ser o louro do dúo cómico Cruz y Raya, chega hoxe disposto a facer rir a esgalla os espectadores de ‘Land Rober Tunai Show’ nunha noite en que o programa tamén dará o cante coa visita da artista malagueña Nuria Fergó. Ambos os dous van ter que mollarse e descubrir canto saben do famoseo de aquí, do galego.

Ademais, volve o xogo máis intrigrante do ‘Land Rober’ e o castigo por excelencia: o ‘Quen vés sendo?’ e o ovo cru con vinagre. Que esconderá a señora que visita o programa nesta nova entrega? Quen dirá a verdade sobre a súa identidade?

Por se fose pouco, estará no ‘Land Rober Tunai Show’ o rei emérito e o público vivirá unha nova problemática entre pais e fillos coa participación do presentador e reporteiro Juan Fuentes. Por suposto, non faltarán Eva Iglesias e David Perdomo e o público máis entregado.

Fuente Crtvg.es