O ‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta semana os actores Javier Veiga e Marta Hazas

0
76

Regresan ao programa as aventuras da familia de mariscadores e os xogos ‘Que me estás contando!’ e ‘A quen te pareces?’ (22:05 h)

O 'Land Rober Tunai Show' recibe esta semana os actores Javier Veiga e Marta Hazas

Santiago, 28.09.2023.-   O programa ‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta semana no estudio a parella de actores Javier Veiga e Marta Hazas, protagonistas da película ‘Amigos hasta la muerte’, participada pola TVG. Con eles volven as palabras máis divertidas e rebuscadas, volve o ‘Que me estás contando!’.

Esta noite volve tamén a familia máis querida, a familia de mariscadores. A novidade é que Josiño casou e foi vivir a un mundo rosa. Ademais, Dosinda seguirá nas súas e terá que convencer os seus camareiros de que queden con ela, xa que queren marchar porque acaban de gañar a lotería.

Por se fose pouco, regresa ao espazo da TVG o xogo de moda, o ‘A quen te pareces?’. Que dobres de famosos visitarán hoxe o ‘Land Rober Tunai Show’? A resposta, a partir das 22:00 h, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara GR.

Fuente Crtvg.es