O partido da Champions League de baloncesto que o Breogán disputa contra o Telekom Baskets Bonn, este mércores en directo na CRTVG

0
25

Santiago, 07.11.2023.-   Os medios públicos galegos continúan acompañando o Río Breogán na súa participación na Basketball Champions League (BCL). A G2 e a web da CRTVG ofrecerán este mércores en directo, a partir das 20:00 h, o segundo encontro do conxunto nesta competición, que o enfrontará ao Telekom Baskets Bonn.

Ambos os dous equipos chegan ao encontro, correspondente á terceira xornada do grupo F, acumulando resultados negativos nas súas competicións domésticas. O vixente campión da BCL perdeu os seus últimos partidos da Bundesliga, mentres que o Breogán só gañou un encontro, ante o Andorra o 29 de setembro, na Liga Endesa. Unha mala dinámica en que influíu notablemente a praga de lesións sufrida polo bloque dirixido por Veljko Mrsic.

De momento, na competición europea, o Breogán gañou o único partido disputado ata agora na fase de grupos, ante o Bursaspor en Lugo. Pola súa parte, os alemáns tamén lle gañaron ao equipo turco, pero perderon na súa pista ante o Hapoel Holon. Gañarlle esta noite ao Telekom de Bonn alimentaría as opcións do conxunto galego de alongar a súa aventura na competición continental.

Fuente Crtvg.es