O partido Mallorca-Celta abre este venres a fin de semana no ‘Galicia en Goles’ da RG

0
25

Santiago, 09.12.2021.-    A xornada deportiva desta fin de semana comezará na Radio Galega o venres, coa retransmisión do partido da Primeira División entre o Mallorca e o Celta. A partir 20.30 h, Paco Santos conduce o primeiro ‘Galicia en Goles’ da fin de semana, en que os oíntes poderán gozar do xogo coa narración de Roberto Carlos Carballo desde o estadio Son Moix, e cos comentarios de Víctor López, José Valtierra, Moncho Carnero e Jorge Paz.

O sábado, ás 15.00 h, a sesión de tarde terá como protagonistas os encontros Real Unión de Irún-Rácing de Ferrol, da Primeira Federación, e o Bergantiños-Navalcarnero, da Segunda RFEF. A partir das 21.00 h, o interese trasladarase ao Rodríguez López co Tenerife-Lugo, da Segunda División profesional. Durante as nove horas de emisión, o programa tamén atenderá o derbi de baloncesto Uni Ferrol-Ensino Lugo e o Deportivo-Levante Las Planas, en que estará en xogo o liderado da Segunda División do fútbol feminino.

O domingo, a sesión matinal comeza ás 12.00 h co Breogán-Andorra, da ACB, e o Celta B-Talavera, da Primeira RFEF. Esta categoría tamén será a protagonista desde as 15.00 h, co Deportivo-Valladolid Promesas, desde Riazor. A Segunda e a Terceira RFEF completarán a oferta futbolística. Desde as 20.00 h, o baloncesto tomará o mando co Valencia-Obradoiro da Liga ACB na Fonte de San Luís.

Durante a fin de semana, a audiencia da Radio Galega terá outros espazos de temática deportiva. O sábado, ás 13.00 h, Alfonso Pardo visita Vigo para homenaxear no ‘Convivir Deportivo’ a Guillermo Touza, presidente do club de voleibol da cidade olívica desde hai máis de 50 anos. O domingo, ás 23.00 h, Pedro Pablo Alonso conduce a mesa de debate de ‘Ao Contraataque’ para analizar os resultados dos equipos galegos nas principais categorías.

Fuente Crtvg.es