Eva Iglesias debuta hoxe como presentadora do ‘Malicia Noticias’, o noticiario máis pillabán da TVG

0
27

Santiago, 31.01.2021.- O ‘Malicia Noticias’ (22.00 horas), o espazo de entretemento coas novas máis pícaras da TVG, segue apostando polos novos talentos galegos e incorpora ao seu persoal como presentadora a versátil Eva Iglesias, artista cun perfil moi acorde coa filosofía deste divertido espazo. Deste xeito, a colaboradora do ‘Land Rober Tunai Show’, que destaca polas súas variadas calidades humorísticas e artísticas, porase esta noite á fronte do noticiario máis pillabán da canle pública, que analiza a actualidade dun xeito diferente.

Eva Iglesias amosou os seus dotes musicais na ‘Canteira de cantareiros’ de ‘Luar’ e deu o salto aos escenarios formando parte dalgunhas das mellores orquestras galegas. A súa aparición no show de Roberto Vilar, onde sorprendeu pola súa faceta cómica, converteuna nun rostro popular da pequena pantalla. Presentadora de varios programas e eventos da Galega, tamén amosou os seus dotes de actriz na serie da TVG, ‘Augasquentes’.

Antes da estrea da nova serie da TVG non se perdan a nova faciana do ‘Malicia noticias’, porque a súa fichaxe promete. Noite de humor para o domingo, primeiro co debut de Eva Iglesias no ‘Malicia Noticias’ e, despois, coa estrea de ‘Método Criminal’, na Televisión de Galicia.

Fuente Crtvg.es