O programa ‘Cos Pés na Terra’ coñece hoxe o traballo de dous arboricultores afeitos a todo tipo de misión

0
18

Ademais, achegarase ao proxecto hortícola de dous rapaces que se centran no comercio de proximidade e compartirá xornada cuns irmáns gandeiros que non teñen medo a modernizarse (22.30 h)

O programa 'Cos Pés na Terra' coñece hoxe o traballo de dous arboricultores afeitos a todo tipo de misión

Santiago, 08.02.2021.-    O programa ‘Cos Pés na Terra’ vai gabear hoxe polas árbores. Farao con seguridade na compaña de Javier e de Roberto, arboricultores acostumados a todo tipo de misión, incluído o rescate de drons.

Ademais, os espectadores coñecerán o proxecto hortícola de Xacobe e de Carlos, dous rapaces que decidiron que na variedade está o gusto e no comercio de proximidade, o seu futuro.

Finalmente, o espazo da TVG compartirá unha xornada con Vanesa e Carlos, dous irmáns gandeiros que non lle teñen medo ningún a modernizarse e que sempre traballan en familia.

Fuente Crtvg.es