O programa ‘Imos ao choio’ proponse este domingo reformar unha casa típica da Terra Chá

0
80

A pesar de que Inda e Julio afrontarán multitude de problemas, contarán como aliado cun veciño, que vai ser imprescindible nesta obra

O programa 'Imos ao choio' proponse este domingo reformar unha casa típica da Terra Chá

Santiago, 10.12.2023.-   Na entrega desta semana do programa ‘Imos ao choio’ (22:55 h), Inda e Julio visitarán unha casa típica da Terra Chá. Alberto, da inmobiliaria que intenta vendela, está convencido de que é unha vivenda con moito potencial, e aló irán os reformadores.

Pero non tardan en aparecer os problemas: a luz non vai, un electricista da vila failles unha xogada mestra e mesmo lles cae unha multa. Menos mal que contan cun veciño como aliado, que vai ser unha ferramenta imprescindible nesta reforma.

Entre aventuras e desventuras, o equipo de ‘Imos ao choio’ terá que traballar arreo para entregar a casa a tempo, e sorprender a Alberto e os veciños.

Fuente Crtvg.es