O programa ‘Land Rober Tunai Show’ recibe esta noite o equipo de ‘O Tempo’ da TVG

0
47

Diego Viaño, Ana Celia Vázquez, Noelia Rodríguez e Loly Gómez van palpar a enerxía do público e pode que pillar unha boa molladura

O programa 'Land Rober Tunai Show' recibe esta noite o equipo de 'O Tempo' da TVG

Santiago, 21.12.2023.-   ‘Land Rober Tunai Show’ recibe este xoves (22:05 h) no estudio o equipo de ‘O Tempo’ da Televisión de Galicia. Diego Viaño, Ana Celia Vázquez, Noelia Rodríguez e Loly Gómez van palpar a enerxía do público e pode que pillar unha boa molladura nas cabinas do programa.
    
Por outro lado, esta noite chegará unha nova entrega do programa ‘Marilú’ e desta volta o alcalde de Pazos vai ter unha idea marabillosa para ter bo tempo todo o ano, algo en que os convidados de hoxe teñen moito que ver. Volve tamén o xogo do momento, ‘A quen te pareces?’. Que dobres de famosos visitarán esta vez o ‘Land Rober Tunai Show’?

E, como non, en vésperas do gran sorteo de Nadal, o espazo da TVG seguirá repartindo lotaría. Todo isto e moito máis, nunha edición do programa que, coma sempre, contará co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara GR.

Fuente Crtvg.es