O rei de ‘El polvorete’, o cantante canario Pepe Benavente, visita este xoves o ‘Land Rober Tunai Show’

0
36

A cantante Pili Pampín e o doutor Manuel Viso tamén pintarán a mona no programa de hoxe (21:50 h), que recupera o informativo máis falcatrueiro: ‘As mañás de Marilú’

O rei de 'El polvorete', o cantante canario Pepe Benavente, visita este xoves o 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 19.10.2023.-    Esta semana vai a cousa de baile no ‘Land Rober Tunai Show’ porque visita o programa o cantante canario Pepe Benavente. Ademais de cantar o seu éxito máis coñecido, ‘El polvorete’, vai descubrir todo o talento que hai en Galicia dando o cante.

O espazo presentado por Roberto Vilar tamén recibirá este xoves a visita de dous dos seus personaxes máis queridos: a cantante Pili Pampín e o doutor Manuel Viso, que participarán nos xogos e sketchs do programa.

Ademais, hoxe volve ao show da TVG o espazo informativo máis falcatrueiro: ‘As mañás de Marilú’, onde o alcalde de Pazos vai anunciar unha nova proposta: quere trasladar Pazos ata as Canarias.

Fuente Crtvg.es