O xornalista da Radio Galega Javi Torres, premiado polos árbitros coruñeses de fútbol

0
22

A entrega do galardón terá lugar o vindeiro luns na gala anual que se celebra na Coruña

O xornalista da Radio Galega Javi Torres, premiado polos árbitros coruñeses de fútbol

Santiago, 03.05.2022.-    Os árbitros galegos de fútbol recuperan a tradición de reunirse unha vez ao ano para recoñecer o traballo da temporada. O próximo luns, a delegación na Coruña do Comité Técnico Galego entrega os premios correspondentes ao ano 2021 e entre os galardoados figura Javi Torres, xornalista da Radio Galega ao que os oíntes poden escoitar a diario nos programas deportivos ‘Zona Mixta’, ‘Ao Contraataque’ e ‘Galicia en Goles’.

Javi Torres é a voz inconfundible nas retransmisións dos partidos do Deportivo da Coruña desde a temporada 16-17, aínda que chegou á Radio Galega en 2007 para cubrir a información do equipo e dar cobertura a outros equipos da cidade e a súa contorna. Nas últimas campañas tocoulle contar os momentos máis agres da historia do club coruñés, cos descensos a Segunda División A e Segunda División B, ademais da eliminación na promoción de ascenso a Primeira ante o Mallorca. No próximo mes de xuño conta con reverter a situación e narrar o tan ansiado regreso do Deportivo ao fútbol profesional.

A gala dos árbitros da Coruña desenvolverase o próximo luns ás 20.00 h no colexio Liceo La Paz da cidade herculina. Xunto a Javi Torres, recibirán insignias lendas da arbitraxe da cidade e tamén haberá un premio para o club máis deportivo do ano 2021.

Fuente Crtvg.es