‘Ons’, e ‘A illa das mentiras’, participadas pola TVG, as producións máis premiadas nos Mestre Mateo 2021

0
8

Santiago, 10.04.2021.-  Dúas longametraxes participadas pola Televisión de Galicia alzáronse este sábado cos principais galardóns na gran festa do audiovisual galego.  A gran triunfadora da XIX edición dos Premios Mestre Mateo da Academia do Audiovisual foi a longametraxe ‘Ons, de Alfonso Zarauza, con nove galardóns, seguida por  ‘A illa das mentiras, de Paula Cons, con cinco.

A gala, presentada pola actriz Lucía Veiga, unha das facianas á fronte do noticiario de humor ‘Malicia Noticias’ na canle pública, foi emitida en directo pola TVG e a Radio Galega hoxe á tarde, desde o Teatro Colón da Coruña.

Ademais, o comunicador da Televisión de Galicia, Rodrigo Vázquez, copresentador do espazo das tardes da Galega ‘Quen anda aí?’ foi elixido mellor comunicador de televisión. E o programa “Cos pes na terra”, emitido pola canle pública,  gañou na categoría de mellor realización.

‘Onsrecolleu nove premios nas categorías de mellor longametraxe, mellor intérprete feminina e mellor intérprete feminina de reparto, mellor intérprete masculino, mellor montaxe, mellor son, mellor dirección de fotografía, mellor guión e mellor dirección de produción. E ‘A illa das mentiras, de Paula Cons, recolleu cinco Mestre Mateo á mellor dirección, mellor intérprete masculino de reparto, mellor dirección de Arte, mellor maquillaxe e perruquería, e mellor vestiario.

Pola outra parte, a categoría de mellor documental tamén recaeu nunha produción apoiada pola TVG, “Nación”, de Margarita Ledo, cinta que foi estreada o pasado mes de marzo.

Este ano, o premio de honra Fernando Rey foi para o actor, dramaturgo, director teatral, tradutor e docente Manuel Lourenzo.

Fuente Crtvg.es