Os actores Santiago Segura e María Vázquez aterran esta noite no ‘Land Rober Tunai Show’

0
5

Farán algunha que outra loucura en Casa Dosinda e terán que identificar as trolas do público (22.20 h)

Os actores Santiago Segura e María Vázquez aterran esta noite no 'Land Rober Tunai Show'

Santiago, 21.11.2019.-    Este xoves aterra no ‘Land Rober Tunai Show’ un torrente. E nunca mellor dito, porque Santiago Segura vén pintar a mona ao programa da TVG, onde vai facer algunha que outra loucura na Casa Dosinda. Nesta visita tamén estará a actriz galega María Vázquez.

Ademais, o show presentado por Rober Vilar tenlle preparado un reto a Santiago Segura. Cos ollos pechados e só a través de afirmacións e negacións, terá que adiviñar que famoso ten diante del. Será capaz de identificar quen hai detrás? Quen virá pintar a mona para sorprender o gran Torrente?

‘Land Rober Tunai Show’ tamén contará coa presenza do público máis entregado, que chegará disposto a contar trolas e trolas. Serán capaces de enganar a Santiago Segura e María Vázquez?

Fuente Crtvg.es