Os concursantes de ‘Gañar ou fregar’ afánanse esta noite por sorprender unha familia de Cee coas súas receitas

0
35

A partir das 23.10 h, Suso e Mila cociñarán para os Louzán Sambade, que actuarán como catadores e xurado

Os concursantes de 'Gañar ou fregar' afánanse esta noite por sorprender unha familia de Cee coas súas receitas

Santiago, 25.01.2023.- As cociñas de ‘Gañar ou fregar’ desprázanse esta noite ata Cee. Nunha nova entrega do programa da TVG, Suso, de Carballo, e Mila, do Porriño, competirán para ver quen prepara o prato máis suculento. Cociñarán no xardín da familia Louzán Sambade, á que deberán sorprender coas súas propostas. 

Os anfitrións probarán os guisos para emitir un veredicto e determinar cal dos dous concursantes leva o premio do programa e quen é o que vai ter que fregar a louza. Iso si, tanto Suso coma Mila contarán con algo de axuda, a dos presentadores María Dapía e Perico Balado

Fuente Crtvg.es