Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ descubirán como se producen ‘microvexetais’ e como se elabora a cervexa artesá ecolóxica

0
6

O programa (22.30 h) tamén ten unha cita cunha gandeira nova que artellou un concurso de cociña a base de produtos lácteos

Os espectadores de 'Cos Pés na Terra' descubirán como se producen 'microvexetais' e como se elabora a cervexa artesá ecolóxica

Santiago, 18.01.2021.-   Os espectadores de ‘Cos Pés na Terra’ verán hoxe un xeito novo de cultivar. Daniel vailles ensinar a súa produción de ‘microvexetais’, un super alimento, pequeno en tamaño, pero grande en sabor e propiedades.

Ademais de algo para comer, no programa desta semana tamén haberá de beber. ‘Cos Pés na Terra’ coñecerá a Pablo, impulsor dunha cervexa artesá ecolóxica que elabora co seu propio lúpulo e coa axuda da familia.

Finalmente, o equipo do programa ten unha cita con Carla, gandeira nova, traballadora e orgullosa que artellou un concurso de cociña a base de produtos lácteos que de seguro farán as delicias da audiencia.

Fuente Crtvg.es