Os espectadores de ‘Cos pés na terra’ poderán introducirse este luns no mundo dos bonsais

0
17

O programa tamén ten unha cita cunha gandeira nova afeita a todo tipo de máquinas e cos promotores dun proxecto de restauración onde sempre se serven produtos naturais

Os espectadores de 'Cos pés na terra' poderán introducirse este luns no mundo dos bonsais

Santiago, 17.01.2022.–    ‘Cos pés na terra’ (23.05 h) vaise meter hoxe no mundo dos bonsais da man de Alberto, un auténtico experto, co que o equipo do programa aprenderá a darlles forma, a limpalos e ata a colocalos na casa.

Os espectadores de bo dente están de sorte, xa que o proxecto de restauración de Carmen e Jose vai facer as delicias dos máis larpeiros. O espazo da TVG ten reserva para o seu restaurante, alí onde sempre se serve produto cen por cento natural e da casa.

A audiencia coñecerá tamén a Andrea, unha gandeira nova afeita a moverse en todo tipo de máquinas, grandes e pequenas. Esta rapaza leva o orgullo de gandeira ata no teléfono móbil.

Fuente Crtvg.es