O equipo do programa (21:55 h) vai poñer a proba o futurólogo, para o que terá de aliado o cómico Marcos Pereiro
Santiago, 09.11.2023.- Este xoves, os espectadores do ‘Land Rober Tunai Show’ deben estar preparados para coñecer o que lles depara o futuro, e non podía ser doutro xeito que recibindo o Maestro Joao. O futurólogo vén disposto a todo, así que o equipo do programa vai poñelo a proba. E para isto vai ter de aliado o cómico Marcos Pereiro.
Ademais, chega unha nova entrega das ‘Desincronizadas’. Ao parecer, van anunciar a súa retirada… ou non. As risas están aseguradas esta noite con Catuxa e Charo. Todo isto, coma sempre, co humor de Roberto Vilar, Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara Gr.
Fuente Crtvg.es