Os espectadores de ‘Luar’ gozarán esta noite coa actuación da cantante gaditana Merche e cunha mostra do musical ‘Malinche’

0
25

Santiago, 20.10.2023.-    O programa ‘Luar’ terá hoxe como estrela convidada a cantante, compositora e produtora española Merche. A artista gaditana é autora da totalidade de temas incluídos nos seus álbums, como o seu último traballo ‘20 conmigo’, unha proposta vital formada por dez cancións inéditas e coa que celebra os seus 20 anos no mundo da música. Entre outros temas, Merche interpretará o seu novo sinxelo, ‘Mi amiga María’, co que conta a historia da protagonista do seu mítico tema ‘Le deseo’.

Os espectadores da TVG tamén poderán gozar esta noite cunha mostra de ‘Malinche’, un musical de Nacho Cano que racha barreiras ao fusionar dous xéneros musicais aparentemente opostos: o flamenco e o baile urbano. O resultado é unha experiencia audaz e vibrante que transcende fronteiras e que cuxa historia central transporta a un dos episodios máis importantes da historia: a mestizaxe.

En canto á música tradicional, o programa contará coas actuacións do recoñecido Coro Cantigas e Agarimos, cos seus temas que forman parte da cultura popular galega, e de Abóbriga, que achega unha proposta de música de raíz, con personalidade propia, repertorio popular e temas persoais de corte tradicional, cunha mestura de gaitas e percusión.

Ademais, ‘Luar’ contará este venres coa presenza no escenario da orquestra Los Player’s, da Escola de Gaitas Os Dezas de Moneixas, do grupo de musical tradicional asturiana Muyeres e do cuarteto ourensán Piratas sen Parche.

No tempo do concurso ‘Recantos’, desta volta chega a quenda de Nerea Cobas, representante da comarca Terras de Lugo, e de Mery da Silva, procedente do Bierzo, que actuarán en solitario e a dúo.

Fuente Crtvg.es