Os ‘Larpeiros’ da TVG celebran o Nadal cun menú de festa, con panxoliñas e con moito humor

0
16

Santiago, 23.12.2019.-    En vésperas do Nadal, os ‘Larpeiros’ da TVG van preparar este luns un auténtico menú de festa, con panxoliñas e moito humor. No ‘Social Club’ terán turrón, mazapán e moitos doces típicos destas datas. Mentres Lola dá consellos e todos os trucos para tratar de cociñar o marisco, Benigno sorprenderá os espectadores cun bacallau moi orixinal, que nada ten que ver co que estamos acostumados a probar.

Pola súa parte, Leni viaxará ata A Estrada para que un mestre pasteleiro lle aprenda a facer turrón de chocolate e unha anguía de mazapán. Con Adrián, o programa achegarase ata O Morrazo para probar unhas nécoras nunha taberna mariñeira. Entre panxoliña e panxoliña, o ‘larpeiro’ terá que decidir se este é o marisco mais apropiado para unha das noites mais fermosas do ano.

E, coma sempre, Merchi deixará coa boca aberta a mais dun cos seus inventos. A súa proposta para a cea de Noiteboa é un tronco de Nadal recheo con crema de turrón. Todos eles irán xuntos en procesión á mesa, felices e animosos. Ademais, haberá copas de cava para o brinde e moita festa ata a madrugada.

Fuente Crtvg.es