Os medios públicos galegos centrarán esta fin de semana a súa atención na 2ª B e 3ª División de fútbol e na Liga LEB

0
3

Santiago, 07.02.2020.-    A oferta deportiva dos medios públicos galegos comezará o sábado ás 17.00 h, cando a G2 e a web da CRTVG retransmitirán en directo o partido entre o Ourense C. F. e o Polvorín F. C., correspondente á 23ª xornada de Liga na Segunda División B.

A seguinte cita co fútbol será xa o domingo, a partir das 12.00 h, cando a segunda canle da Galega ofrecerá o encontro de Segunda B que disputarán o R. C. Celta B e a S. C. R. Peña Deportiva. Despois de tres partidos sen gañar, o conxunto vigués buscará no Municipal de Barreiro os tres puntos ante un rival esixente para achegarse á zona de salvación.

Durante esta retransmisión, que se ofrecerá integramente, estableceranse conexións cos partidos, tamén de Segunda B, Spórting de Xixón B – Rácing de Ferrol, U.D. Ibiza – Coruxo C.F. e C.D. Atl. Baleares – Pontevedra C.F.

Pola tarde, en ‘A Liga das Cidades’, será protagonista, a partir das 17.00 h, o partido de Terceira División entre o C. D. Choco e a U. D. Ourense. Unha vez rematada esta retransmisión, será quenda da Liga LEB de Baloncesto, co encontro Leyma Coruña – Levitec Huesca.

Fuente Crtvg.es