Último capítulo de ‘A desorde que deixas’, en que os espectadores da TVG coñecerán quen asasinou a Viruca

0
18

A partir das 23:05 h, os espectadores verán tamén a Iago, o alumno que mantiña un romance coa profesora falecida, tomar unha desgarradora decisión, mentres Raquel correrá importantes riscos

Último capítulo de 'A desorde que deixas', en que os espectadores da TVG coñecerán quen asasinou a Viruca

Santiago, 23.01.2023.- Última entrega da serie ‘A desorde que deixas’, en que os espectadores da Televisión de Galicia descubrirán quen é o asasino de Viruca. Porén, non coñecerán a verdade sobre a personaxe interpretado pola actriz Barbara Lennie sen sufrir con todo o que lle queda aínda por pasar a Raquel (Inma Cuesta).

A medida que se achega a verdade sobre o pasamento da anterior mestra de literatura, a súa substituta vai correr un importante perigo. Pola súa banda, Iago, o alumno que tiña un romance con Viruca, vai tomar unha decisión desgarradora.

Un episodio imprescindible para os seguidores da serie da TVG, que poderán despexar hoxe todas as súas dúbidas en relación a esta ficción de intriga.

Fuente Crtvg.es