Os medios públicos galegos ofrecen este domingo, en directo, o Gran Premio de Francia de motocrós

0
31

A G2 e a G24.gal achegarán esta décima proba do Mundial de Motocrós, en que destaca a participación galega de Jorge Prado e Rubén Fernández

Os medios públicos galegos ofrecen este domingo, en directo, o Gran Premio de Francia de motocrós

Santiago, 3.6.2022.-  Os medios públicos galegos volven ser o domingo testemuñas do MXGP de Francia, décima proba do Campionato do Mundo de Motocrós. Desde Ernee, a G2 e a G24.gal achegarán, en directo, a participación dos deportistas galegos nas dúas mangas (14.00 e 17.00 horas) deste gran premio.

Despois da cita española da pasada fin de semana, en que o piloto lucense Jorge Prado sufriu unha caída e rematou no quinto posto, dúas prazas por riba do vigués Rubén Fernández, os galegos loitarán por subir ao podio no circuíto francés, nunha competición que lidera ata o momento Tim Gajser.

Fuente Crtvg.es