Os novos directores das grandes orquestras clásicas galegas reúnense este domingo no estudio do programa ‘Zigzag’

0
18

A entrevista a Baldur Brönnimann e Roberto González-Monjas será unha ocasión única para achegarse aos proxectos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia e á súa programación para esta nova temporada

Os novos directores das grandes orquestras clásicas galegas reúnense este domingo no estudio do programa ‘Zigzag’

Santiago, 07.10.2023.-    A edición deste domingo do espazo ‘Zigzag’ (11:45 h) reunirá no programa os dous novos directores das grandes orquestras clásicas galegas. É a primeira vez que os dous se encontran e coñeceranse persoalmente no estudio, nunha conversa moderada por María Solar na primeira canle da TVG.

Será unha ocasión única para achegarse aos proxectos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquestra Sinfónica de Galicia e a súa nova programación. Ambas as dúas comezaron esta mesma semana a súa temporada baixo a batuta dos novos directores: Baldur Brönnimann e Roberto González-Monjas, respectivamente. Son dúas orquestras moi diferentes que coinciden en manter importantes proxectos formativos e de canteira de novos músicos.

Baldur Brönnimann é o director musical e artístico da Real Filharmonía de Galicia. Naceu en Suíza e formouse na Academia de Música de Basilea e no Royal Northern College of Music de Manchester. Foi director titular da orquestra nacional de Colombia, da Sinfónica de Porto, e a súa batuta ten dirixido importantes orquestras por todo o mundo.

Pola súa parte, Roberto González-Monjas naceu en Valladolid. Ademais da Orquestra Sinfónica de Galicia, é tamén director titular de Dalasinfoniettan en Suecia e do Musikkollegium Winterthur en Suíza, e principal director convidado da Orquestra Nacional Belga.

Fuente Crtvg.es