Os personaxes de ‘Do dereito e do revés’ planifican esta noite divertidos enredos para cobrar indemnizacións por accidentes

0
7

Moncho idea a maneira de conseguir cartos sen ter que traballar

Os personaxes de 'Do dereito e do revés' planifican esta noite divertidos enredos para cobrar indemnizacións por accidentes

Santiago, 08.01.2020.-  Televisión de Galicia ofrece esta noite o terceiro capítulo da nova serie ‘Do Dereito e do Revés’ (22.30 h), unha comedia sobre galegos que precisan un avogado, con Víctor Fábregas como protagonista no papel de Moncho Patiño, un letrado moi peculiar e bastante trapalleiro.

Na entrega desta noite, que leva por título ‘Accidentes ben pensados’, Adela precisa dun axudante ante o éxito da súa inmobiliaria. Pero para que contratar a un traballador cando podes escravizar un bolseiro? Esa é a pregunta que se fai o seu fillo Moncho. Un experto no mundo laboral coma el sabe que para si, o mellor traballo é cobrar sen dar pancada. Tamén, que as indemnizacións hai que pedilas antes de ter os accidentes.

Fuente Crtvg.es