Os polifacéticos artistas Angy Fernández e Lode, convidados este sábado no ‘Bamboleo’

0
27

Santiago, 01.04.2023.-     Angy Fernández e Lode, dous artistas polifacéticos, visitan esta noite ‘Bamboleo’. A mallorquina, cantante e actriz, estivo participando de diferentes musicais e acaba de publicar un novo sinxelo titulado ‘Dualidad’. Este e outros éxitos da carreira de Angy van soar hoxe no programa da TVG.

O cantante e compositor de Narón, tamén famoso por ser bailarín e coreógrafo, comezou a formarse musicalmente despois da súa participación nun concurso de televisión. Lode compartirá co público do ‘Bamboleo’ dous dos seus últimos temas: ‘In love’ e ‘Game over’. Ademais de cantar, Angy e Lode concursarán nos xogos que os colaboradores Tamara Pérez e Claudio Pan preparan semanalmente para os convidados.

O Grupo Origen será a formación encargada de traer ao estudio os ritmos máis bailables e verbeneiros, mentres que no tempo de baile será a parella formada por Brandon e Irene a que realice dúas fantásticas exhibicións de salsa.
    
En ‘A Jrileira’ participarán a Asociación Xuventude de Carracedo de Caldas de Reis e a comisión de festas de San Xulián de Sales de Vedra. Para rematar o programa, na ‘ITV do amor’, Lois e a súa moza, axudados por dúas amigas, intentarán despistar un participante do público sobre quen é realmente a parella del. É a sección máis sexy e picante do programa, en que os asesores do amor, Damián Pérez, Isi, Tamara e Javier Varela, se converten en analistas de cada comentario que poida dar pistas.

Fuente Crtvg.es