Os segredos do legado andalusí e a loita polos reinos cristianos, protagonistas este martes en ‘O compás do tempo’

0
14

Santiago, 07.12.2021.-    Santiago de Compostela. Século X. Época de loitas entre cristiáns e musulmáns. Ano 997. Neste exacto momento comeza esta semana a serie documental ‘O compás do tempo’ (23.25 h), cando Almanzor arrasa Santiago. A lenda di que o seu exército arrastrou as campás da catedral ata a Mézquita de Córdoba.

Hoxe, séculos despois, os espectadores verán como un home aparece vestido de época en pleno século XXI. Di que viaxou no tempo e afirma que viviu nesa época, pero está completamente perdido. Raúl vaino axudar na súa aventura, percorrendo varias rutas, desde Santiago a Al Andalus.

Desde Galicia e con localizacións tamén en Córdoba, Sevilla e Granada, ‘O compás do tempo’ descubrirá os segredos do legado andalusí e a loita polos reinos cristianos. Unha das súas pegadas é a batalla entre mouros e cristiáns que se sucede na localidade ourensá de Rairiz de Veiga desde 1840.

Esta romaría, vinculada ás festas das Mercedes, conta coa declaración de Festa de Interese Turístico desde o ano 2000 e reúne milleiros de persoas na contorna do Campo do Castelo, onde se libra a contenda. Non se documentou ningún feito histórico que represente unha batalla entre mouros e critiáns neste lugar, pero a tradición conta como eran aqueles momentos.

Fuente Crtvg.es