‘Pardo pola música’, a primeira película de Juan Pardo, amosará a fonda marca que deixou no pop nacional e na canción galega

0
4

Santiago, 13.11.2019.-    A Televisión de Galicia estrea esta noite a movie doc ‘Pardo pola música’, a primeira película sobre a vida de Juan Pardo, que mestura ficción e documental para achegarse á figura deste cantautor e compositor galego, cuxos 40 anos de carreira deixaron unha fonda marca no pop nacional e na canción galega.

A través dos testemuños de familiares, amigos e compañeiros de profesión como Paloma San Basilio, María Teresa Campos, Karina, Lucía Bosé, Rosa Villacastín, Teo Cardalda, Luz Casal, Lucía Pérez, Xil Ríos, Nonito Pereira, Xosé Ramón Gayoso ou a súa filla Lys, os espectadores coñecerán a vida e obra do autor que máis dereitos lle xera á SGAE e un dos artistas que máis fixo pola música galega.

‘Pardo pola música’ amosará a súa infancia en Ferrol, os seus inicios na música en grupos como Telekos, Los Pekenikes ou Los Brincos, o seu dúo con Junior, a súa carreira en solitario, o seu matrimonio como Emy de la Cal, o nacemento das súas fillas, etc. Todo isto apoiado cunha ficción con grandes actores galegos como Rubén Riós, Desiré Pillado ou Alfonso Agra, que se meten na pel de Juan Pardo e os seus familiares e que recrean algúns dos momentos máis importantes da súa vida.

Fuente Crtvg.es