Receitas cheas de felicidade, esta noite, nunha nova edición de ‘Larpeiros Social Club’

0
12

Mentres preparan un estufado, falarán deses alimentos que nos fan a vida máis doce (22.05 h)

Receitas cheas de felicidade, esta noite, nunha nova edición de 'Larpeiros Social Club'

Santiago, 26.11.2019.-    Son moitos os alimentos que nos fan a vida mais doce. Os máis evidentes son as lambetadas, polas que tolea case todo o mundo, pero nisto de pasalo ben comendo cada persoa é un mundo e cada un goza ao seu xeito das cousas de comer.

Hoxe, no ‘Larpeiros Social Club’, falarán deses alimentos que nos fan felices cando chove, cando temos un mal día ou cando temos morriña dalgunha clase. E mentres no local Benigno e Lola cociñan un deses estufados que fan moi feliz a xente, serán Adrián e Merchi os que saian buscar unha pouca felicidade extra para achegar á mesa.

Merchi irá ata Mosteiro, en Ourense, para meterse nun abelleiro e aprender todos os segredos das abellas. O caso será volver ao club cun tarro de mel galego, que lle dará un toque moi especial ao prato que ten pensado facer hoxe. Mentres, Adrián atopará acubillo no restaurante de Celia, que sabe que para facer felices os galegos non hai nada mellor que unha empanada.

Fuente Crtvg.es