Receitas para namorar, no ‘Tupper Club’ de hoxe, en que compiten os presentadores Benigno Campos e Iolanda Vázquez e o actor Rubén Riós

0
31

Santiago, 24.5.2022.-    Na entrega desta semana do programa ‘Tupper Club’ (23:10 h) mandará o amor. O chef e presentador Álex Iglesias convidará a participar o mítico presentador do ‘Larpeiros’ da TVG, Benigno Campos, a presentadora Iolanda Vázquez e ao actor Rubén Riós. Os tres responderán á chamada de Álex cando lles propoña competir polo ouro cunha receita coa intentarían namorar a alguén.

Benigno non o dubidará. Desde a súa casa en Chapela preparará un cordeiro ao forno que deixará claro que quen tivo retivo. Os espectadores terán a oportunidade de volver ver na tele a un dos máis queridos presentadores de Galicia e comprobar que segue en boa forma ‘gastronómica’.

Iolanda apostará pola comida sa e competirá cunha crema de cabaza para a que usará un robot de cociña, o que xerará unha discusión con Álex, que non estará moi de acordo con esa ‘axuda’ extra e para poder usalo poralle unhas condicións. Como as aceptará a concursante?

Pola súa parte, Rubén aproveitará o seu paso polo concurso para celebrar o aniversario do seu pai e montará unha festa gastronómica nun souto de Riós para preparar un arroz con androlla. Pero cando apareza a súa nai para axudar, non quedará moi claro quen levaba a voz cantante.

Será quen Álex de reconducir os problemas aos que se enfronten os participantes? Coma sempre, os espectadores descubrirán nas catas que non todo é o que parece cando se levanta a tapa dunha friameira.

Fuente Crtvg.es