Revolución no ‘Land Rober’ ao xuntar hoxe dous grandes pintamonas: os actores Luis Zahera e Antonio Garrido

0
8

Desenvolveranse respectivas entregas cos mariscadores e do ‘Quen vés sendo?’ e o equipo do espazo coarase na casa dun famoso, en directo, para que o presentador e a audiencia resolvan a súa identidade, entre outras propostas divertidas

Revolución no 'Land Rober' ao xuntar hoxe dous grandes pintamonas: os actores Luis Zahera e Antonio Garrido

Santiago, 26.03.2020.-  O programa de humor da noite dos xoves na TVG, liderado por Roberto Vilar, volve levar comedia ao domicilio da xente co ‘Land Rober Comedia a Domicilio’ (22.10 h). Esta noite, xuntará dous pintamonas dos pés á cabeza: os actores Luis Zahera e Antonio Garrido. Un galego e un andaluz, case galego, que van facer das súas nunha noite de risas aseguradas!
 
Por se fose pouco volven as historias de mariscadores! Josito toma ao pé da letra o da corentena e non vai saír do seu dormitorio nin para falar cos seus pais, Paco e Maruxa.
 
Ademais do humor, non faltarán as sorpresas. Hoxe, o equipo do ‘Land Rober’ coarase na casa dun famoso, en directo, para axexarlle todo ata descubrir a súa identidade. Será quen a audiencia de adiviñar de quen se trata?
 
E para que a xente non se aburra nas súas casas, unha nova entrega do ‘Quen vés sendo?’… Cal será a incrible historia da señora?

Fuente Crtvg.es