Santos e a súa banda teñen que agardar para vender as antigüidades roubadas no pazo de Meirás, esta noite en ‘A lei de Santos’

0
9

Para resolver o caso, incorpórase ao cuartel Roi Quiroga, un dos mellores investigadores do corpo e antigo coñecido do protagonista

Santos e a súa banda teñen que agardar para vender as antigüidades roubadas no pazo de Meirás, esta noite en 'A lei de Santos'

Santiago, 03.10.2021.-  Nun novo capítulo de ‘A Lei de Santos’ (23.05 h), o protagonista é consciente de que se non axudaba a Peixe e Abel, o Matachín vai acabar con eles máis cedo que tarde e por iso non tivo máis remedio que porse á fronte da banda e axudalos no roubo do pazo de Meirás.

Despois de decatarse de que Noriega os intentou enganar co prezo das figuras, non lles queda outra que gardar as antigüidades ata que todo se calme e, nese momento, vendelas ao mellor postor.

Polo momento, a Garda Civil non ten ningunha pista sobre o roubo do pazo de Meirás, pero esta situación pode cambiar axiña cando se incorpore ao cuartel un dos mellores investigadores do corpo e antigo coñecido de Santos: Roi Quiroga.

E cando semellaba que todos os esforzos de Santos por deixar a vida criminal non podía ir a peor, Ingrid, a filla de Elba, sorpréndeo cun novo encargo: quere que acabe con Denís. Cal será a resposta de Santos?

Fuente Crtvg.es