‘Segredos. Desmontando Galicia’ buscará hoxe respostas para as incógnitas que presenta a comarca do Salnés

0
16

Na súa investigación, Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón atoparán unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única (22.30 h)

'Segredos. Desmontando Galicia' buscará hoxe respostas para as incógnitas que presenta a comarca do Salnés

Santiago, 30.03.2020.-    Alicia Burton, Diana Nogueira e o Sabichón están listos este luns, nunha nova edición do programa ‘Segredos – Desmontando Galicia’, para atopar respostas ás incógnitas que presenta a comarca do Salnés.  

O Salnés vive mirando cara á ría de Arousa, a máis extensa das rías galegas, que agocha unha morea de segredos por descubrir. Unha enorme riqueza patrimonial, vestixios arqueolóxicos e unha natureza atlántica única son os sinais de identidade dunha comarca eminentemente turística.

Grazas ás integracións 3D e ás tecnoloxías visuais máis actuais, o espazo da TVG desmontará e montará as fortalezas construídas para conter as invasións normandas cara a Santiago de Compostela. Ademais, os espectadores descubrirán os segredos que agochan as illas de Sálvora, Cortegada e Areoso, con historias de homes e mulleres cheos de coraxe.

Fuente Crtvg.es