‘Soño contigo’ fará esta noite un percorrido polos principais cabos galegos

0
18

Santiago, 01.01.202. A Televisión de Galicia ofrece este día de Aninovo a segunda entrega de ‘Soño contigo’, unha nova serie de programas que ten como obxectivo reflectir a paisaxe ou aspectos estéticos de Galicia gravados desde a óptica dun dron, de nome Liciña, que ten voz e personalidade propia e que interactúa coa presentadora deste novo espazo, Alba Mancebo.

Despois de descubrir a iluminación de Nadal das vilas e cidades galegas, ‘Soño contigo’ fará esta noite un percorrido por seis dos principais cabos de Galicia, amosándoos como nunca se viran. Inclúense nesta viaxe cabo Home, en Cangas; cabo Fisterra; cabo Touriñán, en Muxía; cabo Vilán, en Camariñas; cabo Ortegal, en Cariño, e cabo de Estaca de Bares, en Mañón

Trátase de lugares de difícil acceso e de difícil gravación pola orografía e polas condicións climáticas que teñen a maioría dos días do ano, con vento forte. A loxística para realizar esta edición programa foi complexa e as gravacións fixéronse ao longo de varios meses, para poder obter as mellores imaxes e testemuñas da vida nestes lugares. Como resultado, o uso da dron Liciña daralle un aspecto innovador á visión paisaxística da costa atlántica de Galicia. 

Fuente Crtvg.es