Sorpresas, risas e emocións, esta noite no especial ‘A Liga das Familias Extraordinarias’

0
44

Santiago, 23.12.2023.-    Os artistas que durante o pasado verán competiron en ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ regresan este Nadal á Televisión de Galicia cunha nova entrega do programa especial ‘A Liga das Familias Extraordinarias’, o máis querido para os concursantes, xa que poderán subir ao escenario coas súas persoas máis achegadas e gozar da música sen estar pendentes de se unha nota estivo ben o mal.

Selu López, Daniel Gigirey, Miriam Agraso, Begoña García, Rubén Darío, Barbie Galego, Esmeralda Fernández e Simón O Pérez participan nesta entrega tan especial do programa presentado por María Mera xunto a pais, nais, irmáns, avós, fillos e moita mais familia. Será, en definitiva, un momento que non esquecerán xamais.

Como marca xa a tradición, tamén haberá representación familiar do xurado, integrado por Pili Pampín, Roi Casal, Lucía Pérez e Iago Pico, e do colaborador César Romero. Todo isto, e moito máis, nun programa cheo de sorpresas, risas e emocións, que será, máis que nunca, para toda a familia.

Fuente Crtvg.es