Sucédense os problemas de ‘Merlí’ con alumnos e pais, esta noite, nos dous novos capítulos da serie que ofrece a TVG

0
21

Os espectadores verán como Berta non atura máis a Merlí e se encara con el

Sucédense os problemas de 'Merlí' con alumnos e pais, esta noite, nos dous novos capítulos da serie que ofrece a TVG

Santiago, 13.02.2023.-    A Televisión de Galicia ofrecerá esta noite dous novos episodios da aclamada serie ‘Merlí’ (23.10 h), que trata sobre un profesor de Filosofía do mesmo nome que estimula os seus alumnos a pensar libremente mediante uns métodos pouco ortodoxos, que dividirán as opinións da clase, o profesorado e as familias.

No primeiro deles, o pai de Joan cre que Merlí adoutrina o seu fillo. Tania ten un problema con Berta, o cal afecta á súa relación con Bruno. Ademais, Gina bótalle en cara a Merlí que suspendese a Gerard e este, entrementres, obriga a Iván a saír á rúa.

A continuación, os espectadores verán como Berta non atura a Merlí e se encara con el. A rapariga non quere que o profesor lle axude e fai o posible porque os amigos non a deixen de lado. Entre tanto, Gina descobre que Merlí anda enguedellado con Laia, á vez que o seu fillo relouca de contento porque vai facer un traballo con Mónica.

Fuente Crtvg.es