Tamara e Jorge, amigos desde cativos, danse o si quero esta noite en ‘Casamos!’

0
28

A partir das 22:50 h, unha voda rural na Televisión de Galicia, con humor e moitas sorpresas

Tamara e Jorge, amigos desde cativos, danse o si quero esta noite en 'Casamos!'

Santiago, 27.12.2022.- Tamara e Jorge coñecéronse hai máis de 20 anos, cando soamente eran dous nenos do mesmo barrio de Vigo. Desde entón e co paso do tempo, convertéronse nos mellores amigos, ata que, con 17 anos, Jorge se lle declarou a Tamara e decidiron intentar ser algo máis.

Tras moitos anos de convivencia e unha filla en común, a parella decidiu dar un salto máis na súa relación. Hoxe os espectadores da Televisión de Galicia verán como se converten oficialmente en marido e muller. Celebrarán o seu amor nunha voda rural, chea de sorpresas, humor e moito amor.

Fuente Crtvg.es