Tanxugueiras, o trío de mulleres que revolucionou a música tradicional galega e a cantante madrileña Nena Daconte chegan hoxe a ‘Bamboleo’ con novos discos

0
32

Santiago, 16.12.2023.-    ‘Bamboleo’ (22:55 h) converterá a deste sábado nunha nova noite de festa na TVG. O programa recibirá hoxe as Tanxugueiras, o trío de mulleres que revolucionou a música tradicional galega, e a cantante madrileña autora do éxito ‘Tenía tanto que darte’, Nena Daconte.

Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío traspasaron fronteiras coas súas creacións musicais, e co disco ‘Diluvio’ consagráronse como artistas. Esta noite interpretarán dous magníficos temas. Pola súa parte, Nena Daconte visita o programa con novo disco debaixo do brazo, o sexto da súa carreira musical. ‘Casi perfecto’ recolle temas como ‘Al son de una guitarra’, que interpretará en ‘Bamboleo’.

Como cada semana, Xosé Manuel Piñeiro e Lucía Regueiro estarán acompañados dos seus colaboradores, que regresarán coas súas achegas semanais. Todo isto nunha noite en que non faltará a música máis verbeneira, coas actuacións da orquestra Capitol, e as mellores exhibicións de baile cunha parella de bailaríns galegos: Jorge e Rebeca.

En ‘A Jrileira’ competirán hoxe catro comisións de festas: Santiago Apóstolo, de Pazos de Borbén; Rendar, do Incio; Bustelo da Veiga, de Xunqueira de Ambía, e Moncelos, de Abadín. Estas catro entidades darán o mellor de si para intentar conseguir un gran premio. Das semifinais sairán dúas comisións que se medirán no karaoke e adiviñando intérpretes. Hai un gran premio para a comisión gañadora e queda esperanza para as tres comisións perdedoras, xa que xogarán ‘A Repesca’, da que sairá o participante que se enfrontará á parella da ‘ITV do Amor’.

Fuente Crtvg.es