Televisión de Galicia presenta este martes en Santiago a nova temporada de ‘Saudade de ti’

0
24

Santiago, 11.06.2023-    A Televisión de Galicia preestrea este martes no Auditorio ABANCA de Santiago a segunda temporada de ‘Saudade de ti’. Todos os actores do elenco, entre os que se encontran, entre outros, Manuel San Martín, María Tasende, Adrián Castiñeiras, Cesar Cambeiro, Mayka Braña e María Costas, así como caras coñecidas da canle pública, acudirán á preestrea da serie, a partir das 19:00 horas no Auditorio de ABANCA.

A serie que namorou a toda Galicia volve o 18 de xuño á TVG e emitirase de domingo a martes despois do ‘Atrápame se podes’. Realizada por Voz Audiovisual, a ficción regresa con 60 novos episodios despois do éxito de audiencia que acadou no prime time a primeira temporada, que sacudiu as vidas de tres familias a partir dun accidente de tráfico que desvelou moitos segredos.

A segunda temporada inclúe novos personaxes e novas tramas, en que non faltarán os conflitos amorosos entre os veciños de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas, ansias de vinganza e á chegada dun atractivo e perigoso home que intentará facerse co control da empresa familiar dos López de Castro.

Fuente Crtvg.es