‘The Guardian’ mira a Galicia nunha reportaxe en que salienta o papel da TVG no éxito do audiovisual galego

0
12

O xornal británico analiza o fenómeno do xénero ‘Galician noir’ e fai un repaso dos principais thrillers producidos en Galicia, moitos deles apoiados e emitidos pola TVG

'The Guardian' mira a Galicia nunha reportaxe en que salienta o papel da TVG no éxito do audiovisual galego

Santiago, 03.03.2021.-  O diario inglés ‘The Guardian‘ publica este martes unha extensa reportaxe dedicada ao sector audiovisual galego e ás series de ficcións dos últimos anos, entre as que cita as producións da TVG ‘O sabor das Margaridas’ e ‘Auga seca’ ou ‘3 camiños’, en que tamén participa a Televisión de Galicia e que se emitirá no segundo semestre deste 2021 na canle pública.

A reportaxe ‘Galician noir: como un recuncho chuvioso de España creou un novo xénero televisivo’ analiza o fenómeno do novo xénero de misterio e suspense bautizado como ‘Galician noir’ e explica como Galicia atrae a atención das plataformas dixitais, salientando a proxección internacional do seu sector audiovisual. «A tradición narrativa de Galicia vai da man de décadas de produción de cine e televisión apoiadas pola televisión rexional en lingua galega, que xogou o importante papel de apoio á industria», sinala a reportaxe.

A reportaxe súmase deste xeito ás voces que falan de Galicia como punto de encontro de rodaxes e historias do audiovisual e na literatura. «Televisión de Galicia investiu sempre en ficción, e dela proveñen moitos dos creadores», recolle o xornal, citando o produtor galego Ghaleb Jaber Martínez ou a produtora Emmna Lustres, quen afirma que «non hai dúbida de que Televisión de Galicia foi un importante apoio».

Fuente Crtvg.es