Tras a detención de Damián en ‘Método Criminal’, Sofía ponse á fronte do clan dos Canosa

0
25

Santiago, 25.04.2021.-    Esta noite, en ‘Método Criminal’ (23.45 h), a detención de Damián supón un golpe moi duro para o clan dos Canosa, e máis aínda cando Paula, a garda civil corrupta que lidera a banda rival, lle ofrece un trato: ser o seu confidente a cambio da liberdade. Damián está decido a aceptar o trato e marchar lonxe con Sofía, pero ela pídelle tempo. Sen un minuto que perder, Sofía ponse á fronte do clan dos Canosa e, coa axuda de Cecilia e Lito, organizará un plan para axudar a Damián.

Pola súa parte, Luís, obrigado pola produtora, tivo que poñerse en mans dunha psicóloga para aprender a manexar todo o que está vivindo con Damián, a situación coa súa filla e os problemas que atravesa a posta en marcha da serie sobre os irmandiños. Se non consegue un informe positivo, non poderá continuar na produción. Mentres tanto, na produtora seguen buscando a forma de desfacerse do novo director. As súas ideas non encaixan coa serie e Susana e Adrián temen polo proxecto.

Ao mesmo tempo, Gaila e Tuco seguen adiante coa súa relación. Despois de que Tuco cambiara de traballo, o seguinte paso é buscar unha vivenda habitable e saír do agocho en que están agora, pero cambiar tanto en pouco tempo é moita presión para Tuco.

Fuente Crtvg.es